Telegram Web Link
📣 ‼️ AS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS OBRIGAN A APRAZAR AS ACTIVIDADES DO ENTROIDO ATA A PRÓXIMA FIN DE SEMANA

🔵SÁBADO 2 DE MARZO
🔸BAILE DE ENTROIDO 3ª IDADE
18,00h Porto de Portonovo
🔸ESPECTÁCULO DE PARODIAS
21,00h Porto de Portonovo

🔵DOMINGO 3 DE MARZO
🔸 DESFILE E CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES
12,00h Desfile. Saída da avd Rocafort, Paseo de Silgar, ata Praza dos Barcos de Sanxenxo
🔸 DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES ADULTOS
16,30h Desfile. Saída da avd. Rocafort, Paseo de Silgar, estrada xeral, rúa Rafael Picó ata Porto de Portonovo
🥅 CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS #FUTSAL FEMININO
👉DO 6 AO 10 DE MARZO DE 2024
🟠LIGA ATLÁNTICA BILLARDA 23-24🟠
___CONFERENCIA RÍAS BAIXAS___

11ª XORNADA
Campo de Billarda de Nantes #SANXENXO

🗓️ 2 de marzo
🕓 16:00 h

*Se chove xogarase no pavillón municipal de Nantes
⚠️ O Concurso de Parodias previsto o sábado día 2 suspéndese do mesmo xeito que o Baile de Disfraces de Maiores debido ás previsións de choiva e vento.

‼️MANTÉÑENSE para o DOMINGO DÍA 3 o DESFILE INFANTIL que se celebrará ás 12 horas, con catro categorías e o DESFILE DE ADULTOS a partir das 16:30 horas con seis categorías.

📰Máis información: https://bit.ly/CambiosEntroido2024
🔵Xornada solidaria _ Síndrome de
Angelman 🔵
🗓️2 e 3 de Marzo
📍 Campo de Fútbol A Lanzada

ENTRADA VOLUNTARIA: DONATIVO 3€
SORTEOS DURANTE LOS PARTIDOS
👶👧 A Concellería de Educación abre o prazo de solicitudes de novo ingreso nas Escolas Infantís Municipais de O Tombo e O Revel para o curso 2024/25. Será dende o martes, 19 de marzo ao 5 de abril.

Fóra deste prazo, so poderán presentar solicitudes nos seguintes casos:

Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.
As solicitudes presentaranse preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) no enlace procesamento electrónico. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.

📰Máis información➡️ https://bit.ly/PrazoEIM2024
▪️IMPRESO SOLICITUDE NOVO INGRESO➡️ https://bit.ly/NovoIngreso24_25
▪️AUTORIZACIÓN POR PARTE DO/A OUTRO/A PROXENITOR/A➡️ https://bit.ly/AnexoI24_25
▪️ORDE DE ADXUDICACIÓN E BAREMO CURSO 2024-2025➡️ https://bit.ly/Baremo24_25
2025/07/05 19:31:35
Back to Top
HTML Embed Code: